Emilio Varela Bugallo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2022.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1928 Sobrado, España |
Morte | 5 de xaneiro de 2024 (95 anos) Sobrado, España |
Alcalde de Sobrado | |
1991 – 1994 (dimisión) ← Gerardo Sánchez López | |
Alcalde de Sobrado | |
1989 – 1991 ← José María Sánchez Peteiro – Gerardo Sánchez López → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Partido político | Alianza Popular Converxencia Nacionalista Galega |
Emilio Varela Bugallo, nado en Sobrado o 28 de marzo de 1928 e finado no mesmo concello o 5 de xaneiro de 2024,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Propietario dunha carnizaría en Sobrado. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura Alianza Popular no concello de Sobrado, logrando 2 concelleiros. Nun principio apoiou ao alcalde da CPG, José María Sánchez Peteiro, porén, en novembro de 1988 encabezou unha moción de censura contra este co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE e do PNG-PG. Ante isto, o alcalde dimitiu en xaneiro de 1989 para intentar que a súa formación non perdese a alcaldía, aínda que finalmente Varela Bugallo logrou ser investido. Debido ao pacto que naquel momento AP e a CPG mantiñan na Deputación da Coruña, Varela Bugallo recibiu numerosas presións do seu partido para que dese marcha atrás, como a do presidente da Deputación, José Manuel Romay Beccaría, e Manuel Fraga Iribarne, quen incluso lle remitiu unha carta. Dada esta situación, situouse fóra do partido.
Nas municipais de 1991 competiu de novo pola alcaldía, encabezando a candidatura da CNG, logrando 3 concelleiros e situándose como segunda forza política por detrás dos 4 do PPdeG, que nesta ocasión encabezou o exalcalde Sánchez Peteiro. Se ben nun principio de cara á investidura non había acordo algún entre as distintas forzas políticas, resultou investido o socialista Gerardo Sánchez López, que xa fora alcalde durante dous mandatos e apoiara a Varela na moción de censura de 1989, e que recibiu o apoio de parte da CNG e dun concelleiro independente. Con todo, presentou axiña a súa dimisión, debido á febleza dos seus apoios, alcanzándose un acordo de goberno no mes de xullo entre a CNG e o PPdeG, polo cal Varela Bugallo recuperaba a alcaldía e se rotaría nela con Sánchez Peteiro, o cal a ocuparía na segunda metade do mandato. Así é todo, este acordo non frutificou e Sánchez Peteiro non chegou a asumi-la alcaldía. Pola súa parte, Varela Bugallo foi substituído na alcaldía en setembro de 1994 polo socialista Juan Morandeira García e non volveu formar parte de máis candidaturas, pasando a formar parte unha gran parte dos seus compañeiros da CNG dunha candidatura independente, xunto con outros membros do PPdeG desconformes con Sánchez Peteiro.
Predecesor: José María Sánchez Peteiro |
Alcalde de Sobrado 1989 - 1991 |
Sucesor: Gerardo Sánchez López |
Predecesor: Gerardo Sánchez López |
Alcalde de Sobrado 1991 - 1994 |
Sucesor: Juan Morandeira García |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece a los 95 años Emilio Varela Bugallo, exalcalde de Sobrado dos Monxes". La Voz de Galicia. 7 de xaneiro de 2024.